PRESENTACIÓN

Estás na web que recolle o conxunto de actividades e recursos que produce o Convenio Deputación de Pontevedra-IGADI 2022 “Conectar a Deputación de Pontevedra coa acción exterior de Galicia”.

O estudo final A Deputación de Pontevedra e a acción exterior de Galicia, as Xornadas Galicia na lusofonía dos anos 20 (3 e 4 de novembro) e a Gala A República dos sonhos (21 de xaneiro do 2023) realizaranse no novidoso contexto institucional e normativo que significou a publicación no Diario Oficial de Galicia, en marzo do 2021, da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, así como na entrada de España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa coma observador asociado no verán do 2021

As actividades nacen da misión estatutaria do IGADI (1991) para desenvolver a acción exterior de Galicia, así coma no seu traballo histórico acumulado en relación aos estudos internacionais e a paradiplomacia galega. De maneira particular as actividades do IGADI no proxecto vincúlanse especialmente arredor das relacións da provincia de Pontevedra con Portugal e a lusofonía, mediado polo seu Observatorio Galego da Lusofonía (2009). Cómpre significar que o IGADI é entidade experta de estudos internacionais no Consello de Acción Exterior da Xunta de Galicia (CAEX).

lusofonias.hub.gal enmárcase así no traballo histórico do IGADI, en liña co desenvolvemento da proxección internacional da Deputación de Pontevedra na última década, así como do seu compromiso actual coa Axenda 2030 e as relacións con Portugal, onde destaca de maneira específica a creación da AECT Río Minho no 2018.

XORNADAS | 3-4 NOVEMBRO
“GALICIA NA LUSOFONÍA DOS ANOS 20”

Xoves 3 de novembro ás 18:00, na Casa das Campás (Pontevedra)

Obxectivo: Retratar a historia do proceso de entrada de España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa e poñer en valor as potencialidades de Galicia e a provincia de Pontevedra nese marco, oito anos despois da Lei Paz Andrade e un ano e medio despois da aprobación da Lei de Acción Exterior e Cooperación para o desenvolvemento.

Inscríbete cun correo en info@gadi.gal

María Xosé Porteiro (IGADI) Carmen Villarino (IGADI)

Presentan e moderan:
María Xosé Porteiro (Consello Reitor do IGADI)
e Carmen Villarino (USC-Rede Galabra)

Daniel González Palau
“A Deputación e Galicia na lusofonía: Da Lei Paz Andrade (2014) á entrada de España
na CPLP (2021)”
Director IGADI

Daniel González Palau

Diego Sande
“A dimensión económica
da lusofonía e a CPLP
para Galicia”
Profesor de Economía aplicada
na USC

Diego Sande

Wesley Sa Teles Guerra
“As relacións Brasil-Espanha-Galicia”
Consultor internacional e
Coordinador OGALUS-IGADI

Wesley Sa Teles Guerra

Enrique Sáez
“Negocios internacionais e afinidades culturais”
Presidente da Fundación Juana de Vega
e Consello Reitor IGADI

Enrique Sáez

Venres 4 de novembro

O IGADI organiza unha Mesa redonda “Galicia na lusofonía do S.XXI” con representes políticos, empresarios e xornalistas coa norma da Chatman House, para pensar mecanismos de dinamización da Lei Paz Andrade así como para a participación de Galicia e de España na CPLP.

Que é a norma da Chatman House e para que serve?

  • A Regra da Chatham House é un sistema para a celebración de debates sobre temas polémicos, o nome provén da sede do Instituto Real de Asuntos Internacionais, tamén coñecido como Casa de Chatham, onde a regra xurdiu en xuño de 1927.
  • A Regra establece que as persoas que asistan a un seminario ou mesa redonda poden discutir os resultados do seminario co mundo exterior, mais non poden identificar quen asistiu nin sinalar o que dixo unha persoa específica.
  • A Regra de Chatham House foi desenvolvida para facilitar a discusión franca e honesta de cuestións controvertidas na procura de solucións imaxinativas e incluíntes.

Presentación Xornadas “A lusofonía en Galicia nos anos 20”

1. A Lei 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da língua portuguesa e vínculos coa lusofonia, máis coñecida coma Lei Paz Andrade, naceu dunha iniciativa popular impulsada no ano 2012, ano no que o día das Día das Letras homenaxeu a figura do empresario e ensaísta Valentín Paz Andrade. A Lei aprobada polo consenso total do Parlamento, en vigor desde marzo do 2014, non precisou nin plans, nin prazos, nin orzamentos para o seu desenvolvemento.

2. Oito anos despois da súa aprobación pódese afirmar que a Lei mudou a atmósfera institucional da relación de Galicia coa lusofonía, con fitos coma o desenvolvemento de actividades lusófilas impulsadas por distintos departamentos da Xunta de Galicia (Do Arritmar ao Exporta en Galego), o apoio ao desenvolvemento de produtos audiovisuais entre a TVG e a RTP, ou a lóxica da participación do CCG (Consello da Cultura Galega) na CPLP (Comunidade de Países de Lingua Portuguesa).

3. Sen embargo oito anos despois aínda non existen nin plans nin orzamentos definidos para o seu desenvolvemento, habendo, iso si, unha amalgama descoordinada de iniciativas, tanto desde as institucións coma desde a sociedade civil. Nese contexto Xulio Ríos, advertía xa no 2018, no artigo “Casa da Lusofonía” do extravagante de que países como Andorra, os USA ou Francia, fosen observadores da CPLP, e España, veciño de Portugal, cunha Comunidade Autónoma coma Galicia, con especiais vencellos culturais, non participase desta organización internacional. Ademais, lanzaba a idea de que aproveitando a plataforma da Lei Paz Andrade, Galicia reclamase a presenza dunha Casa da Lusofonía en Galicia, coma hub comercial e cultural das relacións de España coa lusofonía, desde a Rede de Casas de diplomacia pública do Estado.

4. Na actualidade, a Rede de Casas do Ministerio de Asuntos Exteriores (MAE) está formada por seis Casas. Defínense como “unha rede de diplomacia pública do Goberno de España orientada á cooperación política económica, ao diálogo intercultural, ao mutuo recoñecemento e ao fortalecemento dos lazos entre as sociedades civís nos distintos ámbitos xeográficos nos que actúan”. Todas son consorcios públicos que teñen a seguinte composición e sedes:

  • Casa África: MAE, AECID, C.A. de Canarias e concello de Las Palmas de Gran Canaria. Sede en Las Palmas.
  • Casa de América, MAE, C.A. de Madrid e Concello de Madrid. Sede en Madrid No Alto Patronato está ABANCA (e BBVA, Santander, Repsol, etc..)
  • Casa Árabe, MAE, AECID, Junta de Andalucía, C.A. de Madrid, Concello de Madrid e Concello de Córdoba. Sedes Madrid e Córdoba.
  • Casa Asia, MAE, Concellos de Barcelona e de Madrid, Generalitat de Cataluña, Sede central en Barcelona e centro adicional en Madrid.
  • Casa Mediterráneo, MAE, AECID, Generatitat Valenciana, Concellos de Alicante, Benidorm e Deputación de Alacante. Sede en Alacante.
  • Centro Sefarad-Israel, MAE, AECID, C.A. de Madrid e Concello de Madrid. Sede Madrid

5. Así as cousas, a entrada de España coma observador asociado na CPLP en xullo do 2021 marca un novo fito abrindo inmensas posibilidades para Galicia e en concreto a creación dunha Casa da Lusofonía en Galicia. Cómpre ter presente que a solicitude da entrada de España na CPLP, activada no 2019 e demorada pola explosión da pandemia (a entrada estaba prevista para xullo do ano 2020), produciuse de maneira posterior e de maneira reactiva á Declaración institucional do Parlamento de Galicia, aprobada por unanimidade, onde se solicitaba a entrada de Galicia na CPLP en outubro do 2018 no marco do desenvolvemento da Lei paz Andrade.

6. A Casa da Lusofonía podería ser así a sétima “casa”, dirixida a Brasil, Portugal e ao resto dos países de fala portuguesa, onde os países africanos coma Angola (visita do Presidente Sánchez, abril do 2021, “Pedro Sánchez defiende en Angola la asociación estratégica de España con África” ) ou Cabo Verde e Mozambique, representan países de grande proxección económica e poboacional no presente e horizonte do S.XXI.

7. Por historia, cultura, vencellos persoais e económicos, Galicia parte desde unha posición privilexiada para impulsar a participación de España na CPLP, participando da acción exterior española desenvolvendo a acción exterior de Galicia.

gala | SÁBADO 21 DE XANEIRO 20:00 TOMIÑO, CENTRO GOIANÉS

GALA DA LUSOFONÍA “A REPÚBLICA DOS SONHOS: NON SOMOS O MESMO PAÍS, PERO NON SOMOS ESTRANXEIROS”

GALA DA LUSOFONÍA "A REPÚBLICA DOS SONHOS: NON SOMOS O MESMO PAÍS, PERO NON SOMOS ESTRANXEIROS"
  • A Gala, que será conducida pola xornalista da TVG Esther Estévez, celebra ás conexións culturais entre a lusofonía e Galicia, das diásporas á lingua. Contarase coa música de Uxía e a participación de convidadas sorpresa, tanto en directo como en liña.
  • A cita será ás 20:00 do sábado 21 de xaneiro no senlleiro Centro Goianés, no Concello de Tomiño, e retransmitida en streaming pola canle da Deputación de Pontevedra.
  • O título da Gala, inspírase na novela da escritora recentemente falecida Nélida Piñon, servindo tamén coma un homenaxe urxente á escritora por parte do IGADI, co que estaba a colaborar para a celebración da actividade. O guión foi elaborado por Tino Santiago e Alberto Mancebo.

A Gala é máis un espectáculo ca unha disertación. Faremos un percorrido polo mundo cultural dos países que falan portugués. Pois por detrás, ou por riba, dos circuítos comerciais, da xeopolítica, dos xogos de poder, as relacións entre os países, entre as persoas, descansan nos relatos que compartimos: as cousas que nos emocionan, o que nos fan rir ou chorar, as esperanzas e os temores… Contaremos con convidadas ilustres, conexións internacionais e música, para descubrir que somos países diferentes… pero non somo estranxeiros.

Nelida Piñón amosounos como os soños, os anceios, as lendas daquel vello Reino de Galicia se transformaban alén do Atlántico e pasaban a formar parte dunha nova terra de promisión. Moi probablemente sempre foi así, e sempre fomos máis ou menos mestizos. É isto é do que queremos falar na Gala “A República do Soños. Non somos o mesmo país, pero non somos estranxeiros”.

GALA DA LUSOFONIA “A REPÚBLICA DOS SONHOS: NÃO SOMOS O MESMO PAÍS, MAS NÃO SOMOS ESTRANGEIROS”

GALA DA LUSOFONIA "A REPÚBLICA DOS SONHOS: NÃO SOMOS O MESMO PAÍS, MAS NÃO SOMOS ESTRANGEIROS"
  • A Gala, que será apresentada pela jornalista da TVG Esther Estévez, celebra as ligações culturais entre a Lusofonia e a Galiza, desde as diásporas à língua. Contará com a música de Uxía e a participação de convidados surpresa, tanto ao vivo quanto online.
  • A Gala será às 20 horas do sábado, 21 de janeiro, no Senlleiro Centro Goianés, na Prefeitura de Tomiño, e será transmitida ao vivo pelo canal da Prefeitura de Pontevedra.
  • O título da Gala inspira-se no romance da escritora recém-falecida Nélida Piñon, servindo também de urgente homenagem à escritora por parte do IGADI, com quem colaborava para a celebração da atividade. O roteiro foi elaborado por Tino Santiago e Alberto Mancebo.

A Gala é mais um espetáculo do que uma dissertação. Faremos um passeio pelas conexoes da Galicia com o mundo lusófono. Pois bem, por trás ou por cima dos circuitos comerciais, da geopolítica, dos jogos de poder, das relações entre países, entre pessoas, repousam nas histórias que partilhamos: as coisas que nos movem, o que nos fazem rir ou chorar, as esperanças e os medos… terá convidados ilustres, ligações internacionais e música, para descobrir que somos países diferentes… mas não somos estrangeiros.

Nélida Piñon mostrou-nos como os sonhos, os antigos, as lendas daquele antigo Reino da Galiza se transformaram através do Atlântico e passaram a fazer parte de uma nova terra prometida. Provavelmente sempre foi assim, e sempre fomos mais ou menos diversos. É sobre isso que queremos falar na Gala “A República dos Sonhos. Não somos o mesmo país, mas não somos estrangeiros.”

estudo final | XANEIRO 2023
“A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E
A ACCIÓN EXTERIOR DE GALICIA”

O estudo “A Deputación de Pontevedra e a Acción Exterior de Galicia: Diagnose e Boas prácticas” está a definir un informe cero ou liña de base para coñecer os eixos tradicionais e actuais da Deputación de Pontevedra en materia de acción exterior e proxección internacional do territorio, así como as potencialidades da mesma nas súas relacións cos Concellos da provincia, coa Xunta de Galicia e o Estado.

O Informe atenderá de maneira particular ás posibilidades da Deputación de Pontevedra no marco da recente Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, así como da incorporación de España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa coma observador asociado no verán do 2021.

Presentarase no mes de xaneiro do 2023, xunto á nota de final de actividades.