PRESENTACIÓN

Benvido/a á web que recolle o conxunto de actividades e recursos que produce o Convenio Deputación de Pontevedra-IGADI 2024 “Tecer pontes co mundo, construír pontes coa lusofonía”.

As actividades presentes no convenio realízanse no marco do traballo histórico acumulado do IGADI, como think tank de relacións internacionais (1991-2024), así como no novidoso contexto institucional que significou a publicación no Diario Oficial de Galicia (marzo 2021), da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, así como da entrada de España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa coma observador asociado no verán do 2021, ou a constitución desde outubro do 2024, do Observatorio da Lusofonía Paz Andrade, da Xunta de Galicia.

  1. Actualización do estudo realizado entre o 2022 e o 2023 “A Deputación de Pontevedra e a Acción Exterior de Galicia”.
  2. Webminar “A Acción Exterior de Galicia e a Deputación de Pontevedra: Boas prácticas para os Concellos” (mércores 20 de novembro).
  3. 2ª Gala da Lusofonía “A República dos sonhos” (23 de novembro, A Guarda) 

As actividades teñen como Obxectivo Xeral a proxección internacional da Deputación de Pontevedra e os seus Concellos e como Obxectivos Específicos: 1º Actualizar a conexión da Deputación de Pontevedra e os seus concellos coa Acción Exterior de Galicia e 2º Promover as conexións da Deputación de Pontevedra coa lusofonía. 

WEBMINAR | martes 20 NOVEMBRo 18:00
A Acción Exterior de Galicia e a Deputación de Pontevedra: Boas prácticas para os Concellos

Os obxectivos da sesión, que se celebrarán por Zoom, son:

O webminar está aberto á participación ao público en xeral, mais de maneira particular aos representantes políticos e técnicos da Deputación de Pontevedra, así como dos Concellos da provincia.

Realizaranse certificados para as persoas que participen no Webminar.

gala | SÁBADO 23 DE NOVEMBRO 20:00 Salón de Actos do Centro Cultural da Guarda
2ª GALA DA LUSOFONÍA “A REPÚBLICA DOS SONHOS”

A 2ª Gala “A República do Soños: Non somos o mesmo país, pero non somos estranxeiros” aspira a celebrar a irmandade de Galicia con Portugal e a lusofonía, colaborando a diluír fronteiras, construíndo novos camiños de futuro, desde as conexións entre a cultura local e global. 

O título da Gala, inspírase na novela de Nélida Piñon, mergullándonos nun universo de soños, anceios e lendas, daquel vello Reino de Galicia transformado alén do Atlántico desde a emigración… 

Con Esther Estévez como presentadora, contaremos con música, entrevistas e conexións internacionais do máis senlleiras! Preparadas para as sorpresas A Guarda! 

estudo ACTUALIZACIÓN | NOVEMBRO 2024
“A Deputación de Pontevedra e a Acción Exterior de Galicia: Diagnose e Boas prácticas”

O estudo “A Deputación de Pontevedra e a Acción Exterior de Galicia: Diagnose e Boas prácticas” actualiza o informe cero que se desenvolveu por medio do Convenio IGADI-DEPO do 2022. Identifica os eixos tradicionais e actuais da Deputación de Pontevedra en materia de acción exterior e proxección internacional do territorio, así como as potencialidades da mesma nas súas relacións cos Concellos da provincia, coa Xunta de Galicia, o Estado e a Unión Europea.

O Informe atenderá de maneira particular ás posibilidades da Deputación de Pontevedra no marco da Lei de Acción Exterior e Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia, así como da incorporación de España na Comunidade de Países de Lingua Portuguesa coma observador asociado no verán do 2021.